Dende FACUA está a dar conta dunha reclamación dun residente de Lugo que, tras contratar a primeiros de 2019 a tarifa de R Combo 500 familia + Plana 20GB, que incluía, entre outras cousas, a posibilidade de ver os partidos de LaLiga Smartbank (Segunda División) por un total de 53 euros/mes cun compromiso de permanencia de 12 meses, topou con que poucos meses despois, ao inicio da tempada de fútbol, R informou ao usuario de que xa non contaba cos dereitos sobre os partidos de LaLiga Smartbank, polo que os eliminaba do paquete contratado.
Curiosamente R ofrecía a posibilidade de poder gozar dos partidos de Segunda División a través da subscrición de MiTele Plus por 19,99 euros/mes, ou sexa, que R si podía ofrecer o servizo, e dado que o usuario considerou inxusto, polo que solicitou a R unha rebaixa da factura, xa que a disposición dos partidos de fútbol foi un dos motivos para contratar os servizos de R. Atendendo ao prezo de MiTele Plus, o consumidor considerou que o xusto sería recibir unha compensación de 240 euros (20 euros por cada mes de permanencia) e, tras a negativa de R ante tal petición, acudiu a FACUA Galicia, entidade que dirixiuse ao Instituto Galego de Consumo para solicitar unha arbitraxe de consumo e pedir á Administración que instara a R a compensar ao afectado por incumprir o contrato, reclamación que foi atendida favorablemente polo organismo autonómico.
O laudo arbitral recoñece un claro incumprimento de contrato por parte da operadora, e considera acreditado o prexuízo causado ao consumidor.
R terá que compensar con 240 euros a un consumidor por eliminar o fútbol de Segunda División da súa oferta televisiva
Compartir Este Artigo
