Para favorecer o comercio electrónico a través do móbil WhatsApp conta dende hai tempo coa posibilidade de que os negocios publiquen o seu catálogo de produtos dentro da súa conta de WhatsApp Business, pero estes días esta funcionalidade está a mellorar considerablemente coa incorporación de carros da compra, de xeito que xa non haberá que pechar a compra dos produtos un a un, senón que teremos un método para seleccionar varios produtos que nos interesen para realizar o seu pedido nunha única mensaxe, facilitando moito aos negocios a recepción de pedidos a través desta ferramenta que polo momento non permite realizar pagamentos, polo que aínda tería unha interesante marxe de mellora.
A posibilidade de poder consultar o catálogo de produtos, marcar o que queremos, e logo indicar nunha mensaxe a nosa intención de compra é algo que pode resultar moi práctico para pequenos negocios, pero tamén para locais de hostalaría, que teñen así un xeito práctico de aceptar pedidos. A mecánica sería moi semellante á de calquera plataforma de venda a través da Rede, coa diferenza de que, polo momento, non permite pechar formalmente a operación, de xeito que detalles como o envío ou recollida e o pagamento son elementos que deberán concretarse nunha conversas.
Esta nova funcionalidade comeza a espallarse esta mesma semana coa intención de que estea dispoñible para todo o mundo antes do Nadal.
WhatsApp estrea carros da compra para facilitar o comercio electrónico
Compartir Este Artigo
