Cando buscamos certas criaturas en Google dende o noso smartphone, se temos un iPhone ou un móbil con Android compatible con ARCore, ofrécesenos a oportunidade de ver unha versión 3D das mesmas no noso espazo, ou sexa, que Google ten nos seus sistemas modelos tridimensionais que permite amosar en realidade aumentada, e que nalgúns casos incluso veñen acompañadas con son para permitir que as fotografemos e incluso fagamos vídeos, demostrando así o moito que avanzou esta tecnoloxía.
Aínda que a meirande parte destas criaturas son animais (hai numerosas razas de can e gato, así como a posibilidade de ver animais como o coiote, o lobo, o porco, o oso panda vermello ou incluso a xirafa) veñen de incorporar a un personaxe de ficción que de seguro que provocará a divulgación de moitos contidos creados grazas á súa integración no noso contorno: Grogu.
Deste xeito, cando busquemos en Google ao Neno da serie The Mandalorian atoparemos unha ficha que convidaranos a velo no noso contorno, para poder fotografalo e gravar vídeos nos nosos lugares favoritos ou nas localizacións máis absurdas. A criatura que moitos coñecen como Baby Yoda non só está representado tridimensionalmente, proxectando sombra sobre o contorno e incluso reaccionado ás condicións de luz, senón que tamén se move lixeiramente e emite pequenos sons, de feito que se o gravamos en vídeo poderemos ter creacións bastante curiosas, que ao compartirse axudan a divulgar as bondades da realidade aumentada.
Baby Yoda entra nas nosas casas grazas a Google
Compartir Este Artigo
