O ano pasado a Oficina de Seguridade e Industria (BIS) do Departamento de Comercio dos EE.UU. ampliaba a súa listaxe de organizacións chinesas na chamada Entity List, ou sexa, que coa desculpa da seguridade prohibía manter relacións comerciais con 28 organizacións da China, na liña das medidas que adoptan contra Huawei e ZTE, e agora volve facer o mesmo cunha nova resolución que entrará en vigor nos vindeiros días e que inclúe ao fabricante de semicondutores SMIC e tamén ao fabricante de drons DJI, dando a impresión de que unha vez máis queren empregar a lexislación como artificio para que as empresas estadounidenses poida ter algunha oportunidade para competir tras terse comprobado que en condicións de libre mercado non tiñan nada que facer contra os rivais chineses.
Ao parecer, xustifican o veto a DJI ao relacionar á empresa con violacións dos dereitos humanos (pois o Partido Comunista emprega produtos de DJI para labores de vixilancia e para a persecución de minorías étnicas), acusacións bastante discutibles, pois o feito de que unha empresa tecnolóxica chinesa venda tecnoloxía ás forzas de seguridade locais non afecta de ningún xeito á seguridade dos EE.UU.
Haberá que agardar para comprobar o impacto real que terán estas medidas contra DJI (lembremos que no caso de Huawei tardamos bastantes meses en poder comprobar o alcance das consecuencias), e co bloqueo a SMIC poderiamos estar tamén ante un caso semellante ao de Huawei, xa que o fabricante de semicondutores podería ter serias dificultades para operar se non pode acceder directamente a certas tecnoloxías estadounidenses nas que se basean moitos dos seus produtos.
EE.UU. veta ao fabricante de drons DJI
Compartir Este Artigo
