O mercado audiovisual continúa a mudar co lanzamento de novas plataformas baseadas na Rede, e agora é Discovery quen dá o salto con Discovery+, plataforma dispoñible inicialmente nos EE.UU. a través de aplicacións para iOS, Android, Xbox e televisores de Samsung, prevendo tamén comercializarse máis adiante como canle de Prime Video, ofrecendo contidos de HGTV, Food Network, TLC, ID, OWN, Travel Channel, Discovery Channel, Animal Planet, Magnolia Network, A&E, The History Channel, Lifetime e incluso documentais da BBC.
Está previsto que esta nova plataforma chegue a España ao longo de 2021, podendo incluso integrarse dentro de Vodafone TV, aínda que a pata tecnolóxica de Discovery+ xa está aquí, pois a aplicación Dplay que ata o momento ofrecía acceso de balde con publicidade a contidos emitidos en abeto a través das canles DMax e DKiss vén de transformarse en Discovery+, abrindo o acceso a Discovery+ Originals, contido inédito en España, preestrea de series, tempadas completas, documentais da BBC e outras novidades que irían na liñas das que xa están presentes na oferta estadounidense.
Pese a que polo momento a versión española de Discovery+ é un simple anticipo do que será o servizo final, xa é posible a subscrición a un prezo de 3,99 euros/mes ou 35,99 euros/ano, o que resulta bastante difícil de xustificar xa que a oferta está composta principalmente por contidos dispoñibles en aberto a través da TDT.
Discovery+ dá os seus primeiros pasos
Compartir Este Artigo
