O derradeiro informe financeiro presentado por Trump no que dá conta de agasallos recibidos durante a súa presidencia vén de sorprender o feito de que figure o primeiro ordenador Mac Pro creado na Flex Factory de Austin (Texas) valorado en 5.999 dólares, ou sexa, que aparentemente durante a visita de Trump ás instalacións de Apple non só tería o orgullo de poder confirmar que os novos equipos profesionais da compañía da mazá eran de fabricación estadounidense, senón que tamén levaría un destes históricos equipos como recordo.
Non está claro realmente cando o presidente cesante tería recibido este ordenador, e tampouco parece moi precisa a descrición do equipo, xa que na planta mencionada fabrícanse equipos Mac Pro dende 2013 (ou sexa, moito antes da chegada de Trump á presidencia) e o equipo descrito probablemente sexan un dos modelos básicos que saíron á venda a finais de 2019 (estes equipos podían configurarse axustándose a un orzamento de entre 6.499 e 61.939 euros), e que resultaron moi importantes por supor a recuperación dun deseño clásico dos Mac Pro tras un período escuro no que non puideron lanzar novos modelos por mor de ter adoptado un deseño que imposibilitaba a evolución do seu hardware.
O que parece entenderse é que Tim Cook entregou un Mac Pro ao presidente dos EE.UU. como un exemplo dun produto deseñado e fabricado nos EE.UU., aínda que cómpre salientar que os Mac Pro que se venderon no resto do mundo eran de fabricación chinesa.
Desvelan que Tim Cook regalou un Mac Pro a Donald J. Trump
Compartir Este Artigo
