Para mellorar a súa seguridade WhatsApp está a distribuír entre os seus usuarios unha actualización que esixe que no momento de ligar o noso smartphone a outro equipo mediante WhatsApp Web ou WhatsApp Desktop teñamos que identificarnos mediante recoñecemento facial ou de impresións dixitais, evitando así que un terceiro poida activar o acceso remoto ás nosas conversas.
Dende WhatsApp lembran que o uso da verificación biométrica queda no propio smartphone, ou sexa, que a aplicación non accede á información de rexistro facial ou de impresións dixitais, que mantéñense seguros no noso dispostiivo.
WhatsApp mellora a seguridade do seu acceso remoto
Compartir Este Artigo
