Nos últimos meses moitas empresas adoptaron novos modelos de traballo, adoptando ferramentas dixitais como Microsoft 365 e Microsoft Teams, e para poder continuar a avanzar nesta liña presentan Microsoft Viva, a primeira plataforma de experiencia do empregado (EXP), que se integra coa capacidade de produtividade e colaboración de Microsoft 365 e Teams, e que achega ferramentas que melloran o compromiso dos empregados, a súa aprendizaxe, o seu benestar e extrae valor dos datos mediante análise automática do fluxo de traballo das persoas. Deste xeito conséguese mellorar, avanzar e crear unha mellor experiencia de empregado, logrando que o traballo sexa máis produtivo e sustentable.
Microsoft Viva unifica a experiencia do empregado en catro piares: compromiso, benestar, aprendizaxe e coñecemento. E para facer iso estrea un conxunto inicial de módulos: Viva Connection (que achega unha porta de entrada personalizada ao lugar de traballo dixital, para que os traballadores teñan unha maior conexión coa empresa ao traballar a distancia), Viva Insights (que ofrece información personalizada e práctica aos traballadores axudándoos a reservar tempo para realizar pausas, para reservar tempo para a formación ou para estreitar a comunicación cos compañeiros, para o que empregan datos agregados non identificados, ou sexa, mantendo a privacidade do persoal), Viva Learning (que agrega todos os recursos de aprendizaxe dispoñibles na empresa nun único lugar, incluíndo contido de LinkedIn Learning, Microsoft Learn ou incluso provedores externos como Coursera ou edX) e Viva Topic (que utiliza tecnoloxía de intelixencia artificial para analizar e extraer valor dos datos de Microsoft 365 dun usuario facilitando que logo sexa posible acceder a unha relación de tarxetas temáticas que agrupan documentos, conversas, vídeos e persoas relacionadas co tema no que se estea a traballar).
Vídeo de presentación de Microsoft Viva
