Nos últimos meses do mandato de Trump á fronte dos EE.UU. afixémonos a ver como as plataformas sociais tomaban medidas contras as publicacións do presidente dos EE.UU. que consideraban que non respondían á verdade e que poderían manipular resultados electorais e promover reaccións violentas; pero este tipo de medidas non se limitan a unha ideoloxía política e como mostra temos como esta fin de semana Facebook conxelase a páxina de Nicolas Maduro por divulgar desinformación relativa á COVID-19.
O presidente de Venezuela describía o Carvativir como unha medicación que neutralizaba o coronavirus sen efectos secundarios, afirmación que non se corresponde coas investigacións científicas, infrinxindo así as normas de Facebook, que nos últimos meses tiveron que interpreterase dun xeito máis rigoroso ao falar de saúde.
Maduro non só faría publicidade fraudulenta dun medicamento, senón que incluso atribuiríalle propiedades milagreiras (asegurando que o Carvativir son vágoas dun doutor venezolado beatificado o ano pasado), mensaxe que claramente vai en contra de calquera recomendación das autoridades sanitarias. O presidente venezolano non parece entender a gravidades das súas afirmacións, e esquivou o bloqueo de Facebook realizando unha retransmisión en directo a través doutra canle de Facebook, acción tolerada nesta ocasión por Facebook, pero que no futuro podería non ser posible (como deixaron claro no caso de Trump).
Facebook conxela a páxina de Maduro por desinformar sobre a COVID-19
Compartir Este Artigo
