Microsoft vén de pechar un acordo do compra de Nuance Communications por un prezo total de 19.700 millóns de dólares en efectivo, de xeito que pagarían un 23% máis da cotización da compañía o pasado venres. Nuance é unha das compañía líderes en intelixencia artificial, especialmente no que respecta a recoñecemento de voz e imaxe, e a intención de Microsoft nesta adquisición está na potenciación das súas solucións para o sector profesional da saúde, no que Nuance ten solucións como Dragon Ambient eXperience, Dragon Medical One e PowerScribe One, especializadas no rexistro de documentación clínica facendo uso de recoñecemento de voz e sustentadas na nube de Microsoft, de aí que esta operación poida considerarse como un paso natural.
Aínda que a operación estivese motivada polas súas posibilidades no ámbito da saúde, a tecnoloxía de Nuance tamén está detrás de solucións de resposta interactiva mediante a voz, asistentes virtuais e outras solucións que poderán axudar a potenciar os diferentes servizos que ofrece Microsoft.
A operación foi acordada polos cadros de dirección de Microsoft e Nuance, quedando agora agardar polas aprobacións dos diferentes reguladores para previsiblemente permitirán o peche da adquisición a finais do presente ano.
Microsoft ofrece 19.700 millóns de dólares por Nuance
Compartir Este Artigo
