Nos últimos días a cadea de tendas Phone House está a informar por correo electrónico aos seus clientes afectados por un serio ataque de ransomware que padeceron o pasado 11 de abril e que traduciuse na filtración masiva dos seus datos persoais. Dende a compañía aseguran ter activado o seu protocolo de seguridade para mitigar o incidente, o que permitiu seguir operando sen interrupción e con seguridade, coa tranquilidade para os usuarios de que datos como os contrasinais ou os datos de tarxetas bancarias non se viron afectadas en ningún momento polo ataque informático.
Aínda que dende Phone House minimizan o impacto da filtración de datos, o feito de que se dese a coñecer unha relación de nome, DNI, correo electrónico, data de nacemento, sexo, teléfono, enderezo postal e servizos contratados si pode ter serias repercusións para os usuarios, xa que exponos a ataques de suplantación de identidade ou a outro tipo de ameazas.
Phone House asegura ter notificado os feitos a Axencia Española de Protección de Datos e á Brigada Central de Investivagión Tecnolóxica da Policía Nacional, e adoptado máis medidas de seguridade para evitar dentro do posible novos ataques.
Phone House avisa aos seus clientes dunha importante filtración de datos
Compartir Este Artigo
