A Deputación de Pontevedra, a través da rede de formación SmartPEME, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, a disposición das persoas autónomas, as peme e o tecido profesional da provincia. As accións versan sobre mercadotecnia sustentable, sobre venda de produtos a través de Facebook e Instagram, sobre plugins de WordPress para mellorar unha web, sobre COVID-19 e ciberseguridade e sobre o chamado inbound marketing.
En concreto, este martes 27 impartirase o obradoiro Marketing sostible. Estará a cargo de Fátima Faílde, posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, quen falará da importancia da ética nas estratexias de mercadotecnia innovadora abeirada o plano tecnolóxico.
O mércores 28 pola mañá, Laura Carrera, posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, impartirá Vende os teus produtos en Facebook e Instagram e, pola tarde, Guillermo Nass, TSU en deseñador gráfico publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, centrarase na importancia dos complementos de WordPress en Plugins de WordPress para mellorar a túa web.
O 29 de abril será a quenda de COVID e ciberseguridade en 2021, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará das medidas básicas que se deben adoptar de sufrir un ciberataque. Por último, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartirá a actividade formativa Introdución ao inbound marketing I, que tratará das posibilidades que ofrece esta ferramenta.
SmartPEME remata o mes de abril con cinco obradoiros tecnolóxicos online
Compartir Este Artigo

