A Deputación de Lugo puxo en marcha a sétima edición do Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, un certame para promover as actividades de lecer ao aire libre e dar a coñecer, poñendo o foco nas redes, a riqueza natural e cultural destas contornas. Este ano o fío condutor do certame serán os sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Os tres primeiros clasificados, elixidos por un xurado usando criterios de composición, orixinalidade e calidade estética, recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros. A mostra resultante poderá verse na páxina web da Deputación.
Os participantes poden entregar unha única imaxe por persoa, que non fose premiada en edicións anteriores, dende o mércores, 28 de abril, ata o próximo 17 de setembro no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos, ou ben, remitirala por correo postal certificado.
As bases completas poden consultarse na web do organismo provincial.
Na actualidade, a páxina web da Deputación de Lugo inclúe unha exposición virtual coas trinta instantáneas admitidas no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Lugo presumirá de rutas na Rede grazas ao certame de fotos das Reservas da Biosfera
Compartir Este Artigo

