
O programa inclúe un coñecemento directo das instalacións da antiga Fábrica de Armas, predio destinado ao que sería, en palabras da dita rede empresarial, “un dos máis ambiciosos emprendementos dos últimos anos na nosa comarca”, amais “dunha iniciativa estratéxica para crear un polo TIC e de innovación dixital de referencia na Coruña”.
A visita terá unha duración de dúas horas (de 13:00 a 15:00h) e permitirá ao grupo de empresarios, coñecer de primeira man as instalacións, así como a idea que impulsou o Clúster TIC, incluíndo unha visita á infraestrutura e ao espazo que está destinado para a investigación da Universidade da Coruña, onde poderá interactuar coas empresas.
“Trátase dunha gran oportunidade para coñecer e potenciar este proxecto que nos ilusiona a todos os coruñeses, especialmente ao empresariado local e que, promete converterse no principal motor económico de Galicia”, sinalan dende Alía.
O empresariado de Alía Network visitará a Cidade das TIC
Compartir Este Artigo

