Este compromiso coa Xustiza tradúcese tecnicamente no Proxecto 0, que inclúe as medidas necesarias para avanzarl, dixo, “nun modelo de Xustiza eficiente que chegue a todas as persoas, e no Plan Xustiza 2030”.
O Proxecto 0 consiste na coordinación de infraestruturas dixitais homoxéneas e interoperables (hardware, licenzas, servidores, espazo de almacenamento, bases de datos) en todo o territorio do Estado. De feito, contempla a posta en marcha de catro medidas: a tramitación dixital, o posto de traballo deslocalizado, a cita previa para a atención cidadá e a ciberseguridade. Doutra banda, o Plan Xustiza 2030 tamén é un proxecto que inclúe un ambicioso paquete de reformas estruturais para acadar un servizo público de Xustiza baseado en tres piares: accesibilidade, eficiencia e sustentabilidade.
Neste contexto, o delegado do Goberno afirmou que “a Xunta recibirá 1.521.993 euros segundo o reparto acordado entre o Ministerio de Xustiza e as doce Comunidades Autónomas con competencias transferidas nesta materia”. Dito reparto foi aprobado pola Conferencia Sectorial de Xustiza, ratificado polo Consello de Ministros do pasado 27 de abril, e finalmente foi publicado no Boletín Oficial do Estado.
O Goberno central achega 1,5 millóns de euros a Galicia para a transformación da Xustiza
Compartir Este Artigo

