O municipio pontevedrés de Tomiño conta con 70 novos fogares e negocios do núcleo de Sobre A Veiga conectados ás redes avanzadas de R. Grazas aos traballos de despregue levados a cabo en datas recentes, todos eles poden desfrutar xa de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 Mbps simétricos e doutros servizos de telecomunicacións de última xeración.
R lembra que os traballos en Tomiño xa veñen de antigo (doutro capítulo do Plan Avanza que tamén lle adxudicara o Ministerio), concretamente nos núcleos do Seixo, Goián, Gándara, Lago, O Barro, avenida de Brasil, Tollo e O Cotro, actuacións coas que se conectaron ás redes avanzadas de R arredor de 1.700 vivendas e empresas aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais deste concello.
Coa recente activación destes 70 novos inmóbeis de Sobre A Veiga, a cifra de fogares e negocios conectados á rede de R achégase a 1.770, e a previsión fala de 600 máis a peche de 2021, co que Tomiño comezaría 2022 con 2.370 inmóbeis preparados para recibir todos os servizos avanzados de telecomunicacións de R.
Tomiño comezará 2022 con 2.370 inmóbeis preparados para recibir todos os servizos de R
Compartir Este Artigo

