
O acto de presentación será este venres 21 de maio, ás 17:30 h, na aula 2 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Sur.
O evento, que se ven celebrando con éxito dende 2017, forma parte das iniciativas do Plan Digitalent da AMTEGA para promover as vocacións tecnolóxicas.
O reto e o conxunto de datos que vertebran o hackathon do CEIN foron proporcionados, desta volta, pola empresa galega FINSA, dentro das súas iniciativas no marco de Industria 4.0. O obxectivo desta edición é “atopar e premiar o desenvolvemento de modelos de predición vencellados á industria no ámbito de operacións”, explican fontes de DXC.
Nesta ocasión, debido á situación provocada pola COVID, as actividades desenvolveranse en dúas xornadas, venres 21 e sábado 22, en modalidade semipresencial.
O venres levarase a cabo a inauguración do evento por parte do director do CEIN, así como a recepción dos participantes, o rexistro e conformación de equipos e a presentación do reto proposto. De seguido, dará comezo unha sesión de traballo ata as 20:00 horas, na mesma sala ou en remoto, desde o lugar que cada equipo elixa. O traballo dos equipos continuará durante a xornada do sábado hasta ás 17:30, cando está previsto o acto de clausura, coa presentación das solucións tecnolóxicas acadadas, a avaliación e selección das propostas gañadoras por parte do xurado, e a entrega de premios.
Os galardóns divídense en dúas categorías: mellor solución global e mellor proposta de valor.
Os gañadores serán elixidos por un xurado multidisciplinar formado por profesionais do CEIN e de FINSA.
A inscrición supera este ano os 20 participantes.
En palabras de DXC, “o Hackathon Big Data & Analytics reforza o noso compromiso coa potenciación e desenvolvemento do sector galego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”.
Arrinca este venres en Santiago a quinta edición do Hackathon Big Data & Analytics de DXC
Compartir Este Artigo

