Este 21 de maio presentou en Vigo a segunda edición da feira industrial Mindtech, que se vai celebrar entre o 14 e o 16 de setembro da man de ASIME (Asociación de Industriais do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia).
Segundo se fixo saber, no marco do evento ofrecerase un espazo reservado para novas firmas innovadoras, incubadoras e aceleradoras do ámbito tecnolóxico para que descubran (e fagan descubrir) as ferramentas, sistemas e modelos de negocio do futuro. Este espazo acollerá preto de corenta startups de alto nivel tecnolóxico e con posibilidades significativas de crecemento, así como tres business factories e aceleradoras.
Na cita participou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, que sinalou que “Mindtech será o escaparate das capacidades galegas en industria dixital e sustentable”. E engadiu: “Mindtech é unha aposta pola Industria 4.0, a tecnoloxía, a innovación, e o talento, ademais dunha oportunidade de cara a futuro para amosar os nosos avances en proxectos tecnolóxicos e de innovación”.
Na presentación de Mindtech 2021 tamén participaron Justo Sierra, presidente de Mindtech, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Lino Comesaña, director de Negocio de Abanca, David Regades, delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, Galo Gutiérrez, director xeral de Industria e Pyme, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.
Asemade, no acto informouse, a xeito de novidade, que a feira albergará un brokerage event que seleccionará ás 10 startups expositoras con maior potencial e ofreceralles unha xornada de pitching ante potenciais investidores no corazón da feira Mindtech.
Mindtech 2021 será un escaparate internacional da Industria 4.0 que se fai en Galicia
Compartir Este Artigo

