A Deputación de Pontevedra, a través da rede de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta nesta recta final de maio cinco novas accións formativas impartidas de maneira en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten ao servizo de pemes, persoas autónomas e profesionais dos máis diversos sectores. Son cinco obradoiros sobre, entre outras cuestións, mercadotecnia social no terceiro sector, debuxo 3D ou vendas en Internet.
Este martes 25 impartirase o obradoiro Marketing Social: Estratexias Dixitais para Entidades do Terceiro Sector, a cargo de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, quen falará das diferentes formas de abordar este sector.
O mércores 26, cita para Demostración de Solucións para o Sector Comercio, obradoiro orientado ás empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra.
Xa pola tarde, Lara Taboada, impartirá Edición de Fotografía co teu Ordenador: Polarr, onde desvelará as posibilidades desta ferramenta de edición.
Para finalizar a semana, o xoves 27, será a quenda de Debuxo con Onshape, PartSudio II a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da potencialidade desta ferramenta como fixo a semana anterior. Por último e no mesmo día, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro Woocommerce: A Solución que Buscabas para Vender por Internet II, para saber como montar unha tenda en liña.
SmartPEME achega cinco novos obradoiros en liña sobre ecommerce, deseño e mercadotecnia
Compartir Este Artigo

