
Na axenda TIC da Casa Azul tamén se contempla unha xornada de aula aberta para uso libre dos equipos informáticos (os venres, de 9.00 a 11.00 horas de de 11.30 e 13.30 horas) e un horario de asistencia e apoio para a realización de trámites electrónicos: luns, martes, mércores e xoves, de 8.30 a 9.15 horas e de 13.30 a 14.15 horas.
Tal e como explica o concelleiro socialista Marcos Rey, “as inscricións para as actividades formativas, que impartirá Jesús Lorenzo Ron, monitor de Informática da Área de Benestar Social do Concello, poderán realizarse a través das direccións de correo electrónico jlorenzo@pontevedra.eu e aulaud@gmail.com ou ben directamente na Aula de Informática, de luns a venres entre as 9.00 e as 13.30 horas”.
Segundo engade, impartirase a maiores un curso centrado en Administración Electrónica, que está especialmente destinado a veciños con diversidade sensorial.
A Casa Azul de Pontevedra brinda sete cursos tecnolóxicos para a veciñanza en risco
Compartir Este Artigo

