A aula CeMIT da Guarda organiza este verán unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos). A actividade, segundo sinalan dende o Concello, “terá un enfoque pedagóxico centrado nas persoas participantes”, amais de constituírse como unha oportunidade para que a rapazada poida seguir formándose en tempo de vacacións (nun ámbito tan relevante como é o das novas tecnoloxías).
Realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.
As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal).
O Concello recorda que a día de hoxe están a desenvolverse na aula CeMIT outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios. Estes cursos poden consultarse ao detalle na web da aula.
A Guarda achega á rapazada formación informática de balde para a época estival
Compartir Este Artigo

