
Paradores de Turismo de España seleccionou a Telefónica, a través dun concurso público, como socio tecnolóxico único para culminar a súa dixitalización, implantando unha rede de alta dispoñibilidade e banda larga ultrarrápida nos 97 emprazamentos que a hostaleira pública ten repartidos en 16 comunidades autónomas.
A operadora lembra que ata o de agora a infraestrutura de rede nestes edificios dependía de varios provedores de telecomunicacións e tiña un limitado largo de banda. Este feito, unido á complicada orografía na que se sitúan -moitos en lugares remotos- e á propia arquitectura dos edificios -boa parte deles históricos-, limitaba a cobertura e dificultaba o acceso mesmo a funcionalidades básicas.
A compañía fixo saber que “o proceso de implantación da fibra óptica avanza a moi bo ritmo”, e así, nos últimos dous meses, Telefónica levou a banda larga a 31 edificios que non contaban con ela, polo que 71 paradores dispoñen xa desta tecnoloxía. Estímase que a primeiros de xullo estea instalada nos 97 establecementos da rede.
Telefónica leva a banda larga ultrarrápida aos nosos paradores de turismo
Compartir Este Artigo

