A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este 29 de xuño, no Pazo de San Roque de Santiago, o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2021 e o Premio RAGC de Divulgación Científica 2021. O evento foi presidido polo presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, e contou coa asistencia de numerosos académicos como a secretaria da institución, Pilar Bermejo, o académico da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde, Ángel Carracedo, ou o responsable de publicación e relación sociais da Academia, Fernando Pérez González.
, un traballo innovador da tecnoloxía e identificación de identidade no proceso de rexistro dixital.
Doutra banda, o Premio de Xornalismo Científico foi para a peza titulada Ciclodextrina: la conexión entre El Señor de los Anillos y la pandemia de COVID-19, do xornalista Alberto Quian, quen quixo dar as “grazas a todos e a todos os científicos que durante anos me proporcionaron un coñecemento extraordinario e impagable sobre o mundo que habito”.
Por último, o Premio RAGC de Divulgación Científica 2021 foi para o divulgador Ramón Núñez Centella, considerado o promotor da nova museoloxía científica en España e artífice dos tres museos científicos coruñeses de titularidade municipal, Casa das Ciencias, Domus e Aquiarum Finisterrae.
A RAGC fai unha proclama pola transferencia de tecnoloxía nos seus premios anuais
Compartir Este Artigo

