A competición polo sector da videoconferencia en grupo continúa moi viva, e en resposta á incorporación da tradución de vídeo en tempo real de Cisco Webex (con soporte de máis dun cento de linguas entre as que figura o galego) dende Zoom anuncian o peche dun acordo para mercar Karlsruhe Information Technology Solutions, nova empresa máis coñecida como Kites, que precisamente está especializada na tradución automática en tempo real.
Kites é unha compañía nacida en 2015 do Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe, e conta cun equipo de 12 investigadores que agora axudarán aos enxeñeiros de Zoom para avanzar no eido da tradución automática, para poder achegar capacidades multilíngües aos usuarios de Zoom. O equipo de Kites manterá a súa sede en Alemaña, país no que Zoom podería chegar a abrir un centro de I+D no futuro.
Zoom quere incorporar tradución en tempo real
Compartir Este Artigo
