Tras a autorización da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, do Consello de Ministros e, agora, da Comisión Nacional do Mercado de Valores, a oferta pública voluntaria de adquisición de accións de Euskaltel por parte de MásMóvil está cada vez máis preto de ser unha realidade, o que fará que o operador R pasa a integrarse no Grupo MásMóvil, o que xera certa desconfianza de cara ao futuro, xa que o grupo ao que pertencen marcas como Yoigo ou Pepephone recoñece que non acudirá á poxa de frecuencias da 5G na banda dos 700 MHz.
Que o Grupo MásMóvil vaia carecer de licenza na banda dos 700 MHz non impedirá que ofreza servizos de 5G SA, pero as condicións coas que ofrecerá as conexións 5G do futuro serán peores, xa que as frecuencias coas que chegará aos usuarios (na banda dos 3,5 GHz) teñen un menor alcance e unha menor penetración en edificios, o que tradúcese en peor cobertura no interior dos fogares e en zonas rurais, sendo esta última situación a máis preocupante no caso galego.
Como detalle positivo da compra do Grupo Euskaltel por parte de MásMóvil estaría a intención da compañía de migrar a todos os clientes de Euskaltel (o que incluiría aos de R) a conexións de fibra óptica ata o fogar (FTTH) de xeito que paulatinamente iremos dicindo adeus ás conexión HFC que aínda hai en moitos fogares galegos e que teñen limitacións para atender á demanda de conexións simétricas que tan prácticas resultan na conxuntura actual na que a teleformación e o teletraballo fan que o uso da Rede sexa máis interactivo.
Está previsto que a poxa pola banda dos 700 MHz para a 5G comece antes do 21 de xullo, acudindo ao proceso Telefónica, Vodafone e Orange, operadores que conseguirán así unha posición de vantaxe competitiva, e complicando as pretensión de que MásMóvil poida chegar a converterse no cuarto operador do Estado.
R podería quedar fóra da banda dos 700 MHz na 5G
Compartir Este Artigo
