Vodafone de vén de alcanzar recentemente un acordou de colaboración co Hub de Innovación Digital galego DATAlife. A operadora líder europea convértese así na primeira compañía do sector de telecomunicacións en unirse a esta iniciativa, que busca converter a Galicia nunha rexión Next Generation en Europa.
Neste marco, Vodafone apoia o proxecto NextGenRegion, unha iniciativa liderada por DATAlife que conta coa participación de máis de 50 empresas e entidades de toda España. O proxecto busca xerar un efecto tractor sobre o sistema produtivo, o medio ambiente, o turismo sostible e a saúde, preténdese, por tanto, favorecer a diversificación económica e empresarial de cara a actividades tecnolóxicas máis avanzadas.
Deste xeito, Vodafone aportará todo seu coñecemento en Big Data, Intelixencia Artificial, Internet das Cousas (IoT) e ciberseguridade para acelerar a transformación dixital das empresas en Galicia, facilitando o despegue e uso destas novas tecnoloxías. Así, a operadora axudará a incrementar a competitividade das empresas da nosa terra, falecendo o ecosistema dixital galego.
“O proxecto de DATAlife encaixa perfectamente co traballo que vimos desempeñando en Vodafone para acelerar a transformación dixital dos sectores que son estratéxicos para nosa economía”, remarca Francisco Vallejo, director de Vodafone en Galicia. Con este, Vodafone presentou xa proxecto e iniciativas para fondos europeos por valor aproximado de 900 millóns de euros, co que pretende combater a fenda dixital rural e impulsar a competitividade industrial.
Vodafone e DATAlife asócianse para impulsar a Galicia como rexión Next Generation en Europa
Compartir Este Artigo

