Como nova medida dinamizadora das historias de Instagram está a espallarse entre os usuarios o novo adhesivo Ahora tú que é toda unha revolución dentro desta plataforma xa que crea fíos públicos asociados ás historias, o que podería mellorar considerablemente o alcance dos contidos, xa que convida a outros usuarios a publicar historias compartindo o mesmo adhesivo (a xeito de resposta), facendo que a temática que suxira poida chegar a usuarios que non se seguen entre si.
Esta nova función de Instagram pode lembrar aos dúos de TikTok, ou sexa, que aproveita un contido para inspirar outro, pero desta volta os contidos son sempre de cadanseu autor, e o único que se comparte é o adhesivo que os liga nun fío común.
O interesante deste novo adhesivo é que os contidos que se xunten nun fío non precisarán da intervención do creador do mesmo, senón que asociaranse de xeito automático, facilitando así a súa viralización e conseguindo unha difusión que normalmente é difícil de conseguir en Instagram (plataforma que tende a pecharse en burbullas).
Instagram estrea adhesivo para crear fíos de historias
Compartir Este Artigo
