Ante a apertura de xuízo oral sobre a causa contra o fundador de Blusens e outros acusados por mor da comercialización de receptores WebTV que vulneraban dereitos audiovisuais detallan que estamos ante o que será o peche deste procedemento, que non prosperará xa que os acusados xa chegaron a un acordo coas empresas afectadas, para o que achegaron 1,2 millóns de euros polo canon reclamado.
Aseguran que aínda que se abra xuízo oral, o acordo entre as partes evitará o xuízo, xa que o «conflito está resolto e só queda que sexa ratificado dende o punto de vista xudicial», para o que a apertura de xuízo oral é precisa. O acordo mencionado teríase acadado xa en 2019, e ao indemnizarse á ducia de empresas que forman parte da acusación enténdese que o conflito está resolto.
Un acordo evita o xuízo contra os responsables da comercialización do WebTV de Blusens
Compartir Este Artigo
