O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este mércores 29 de decembro da autorización por parte do Consello da Xunta dunha licitación por 5,7 millóns de euros para que o Servizo Público de Emprego en Galicia incorpore un sistema de Intelixencia Artificial para “axustar a oferta e a demanda no mercado de traballo”.
Feijóo puxo en valor que este tipo de tecnoloxías con capacidade de avaliar información a gran escala, tomar decisións e resolver tarefas de gran complexidade, cando se empregan de xeito sistemático e con protocolo axeitado, “poden dar un plus de eficacia aos servizos que tradicionalmente se ofrecen aos galegos”. Como exemplo disto, salientou algunhas das vantaxes que permitirá incorporar ao Servizo de Emprego, como “traballar con información fidedigna sobre a realidade laboral de Galicia, simultanear os perfís laborais en busca de emprego co que demandan as empresas ou realizar prospeccións a futuro para adiantar tendencias”.
A Xunta dotará ao Servizo de Emprego dun sistema de Intelixencia Artificial para axudar a oferta e a demanda laboral
Compartir Este Artigo

