O Concello de Ames comezou o ano facendo balance da súa actividade informativa e comunicativa online, unha liña de traballo que se materializa con presenza nas principais redes sociais e co mantemento de canles de comunicación e sistemas de avisos, co obxectivo de que a veciñanza coñeza a actividade municipal e a súa actualidade. Unha delas é a canle de Telegram @concellodeames, que permite recibir notificacións das últimas novidades do Concello en dispositivos móbiles e ordenadores.
Os envíos de avisos realízanse tamén a través de RSS e boletíns por correo, con máis de 1.200 persoas subscritas.
Ademais, os perfís sociais do municipio continúan crecendo, con 7.000 gústame en Facebook e con máis de 2.000 seguidores e seguidoras< en Twitter e Instagram. Toda a actualidade e a axenda de Ames publícase a diario na páxina web oficial concellodeames.gal, que recolle unha lista con todos os medios de comunicación municipais.
Ames Radio e contidos multimedia na web municipal
A finais de outubro, a radio municipal Ames Radio inaugurou a súa propia páxina web, amesradio.gal, na que a veciñanza amesá pode acceder a toda a súa programación en formato podcast, que inclúe espazos informativos e políticos, magacíns e os proxectos da Radio Cidadá. Estes novos contidos en liña súmanse á xa existente galería de fotos da web municipal, á canle de YouTube do Concello de Ames e á videoteca Mediatec@mes, onde se recollen os vídeos e fotografías máis destacadas de diferentes actividades e programas realizados no concello.
Medran as comunidades das redes sociais do Concello de Ames
Compartir Este Artigo

