
Deste xeito, as instantáneas admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.
Na mostra tamén se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021.
Entre as fotografías atópanse as tres vencedoras desta edición: Camiño Primitivo, de Lina Iglesias; Lagoa de Cospeito, Germán Limeres López, e Cores de inverno na senda dos muíños, de Manuel María Balbas Naveira.
As imaxes que mellor plasman os tesouros das Reservas de Biosfera de Lugo, na web da Deputación
Compartir Este Artigo

