A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Asociación Galega de Marketing (MARKEA), en colaboración con Dinahosting, Herrero & Asociados e IUNI Strategic Mercadotecnia organizan o próximo 22 de febreiro, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, o V Foro de Marketing e Vendas: Insights e Tendencias para 2022. Contará coa participación de máis de cen asistentes.
Nesta quinta edición, relatores directores e directoras dos departamentos de mercadotecnia (marketing), comunicación e comercial, así como responsables executivos de empresas galegas darán o seu punto de vista para afrontar os retos deste 2022 en mercadotecnia dixital, Intelixencia Artificial, estratexia de datos e comercio electrónico, entre outras tendencias.
A sesión celebrarase en horario de mañá, de 9:30 a 12:30 horas. A apertura será a cargo de Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD e José Cabanas, presidente de Markea e CMO de Estrela Galicia. En canto aos relatores, participarán directores e directoras de Mercadotecnia e Vendas de empresas como Zendal, Marine Instruments, Krack, Vegalsa ou Situm, entre outras.
APD e Markea organizan en Santiago a quinta edición do Foro de Marketing e Vendas
Compartir Este Artigo

