Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á transformación dixital dos comercios de proximidade. Tamén abordamos os seguintes temas:
– As cidades galegas reforzarán o seu potencial en ciberseguridade
– A Tarxeta Xente Nova incorporará este ano unha plataforma móbil para facilitar o seu uso
– TAS: unha app galega que funciona a xeito de oficina mundial de obxectos e encontros perdidos
– O 15 de xuño abre a convocatoria máis internacional e disruptiva da aceleradora BFAero
– Segue a chuvia de premios do CPEIG ante a inminente gala anual da Enxeñaría en Informática
– RETEGAL achegará 152 novos emprazamentos de telecomunicacións móbiles
– O noso tecido TIC superou a cifra de 25.900 traballadores
– Vigo e Ourense acoller a demostración de dous casos de uso de 5G
– A rapazada galega ergueu a voz dende Silleda contra as noticias falsas nas redes
– O CITIC comparte as súas novidades en Intelixencia Artificial e tecnoloxías disruptivas
– Valentín García presenta en Euskadi o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial para o galego
– A ESEI de Ourense acolleu en maio a primeira edición da MakerCamp
– Comeza oficialmente a materialización definitiva da Cidade das TIC
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Balidea participa no proxecto para converter España nun hub do vehículo eléctrico
– Todo o que quixemos saber sobre a análise da información a gran escala: o Big Data
– O Concello de Ames e AGASOL favorecerán a dixitalización da cidadanía con software libre
– A cultura galega faise forte nas redes
