Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica participará no demostrador europeo de drons previsto en Santiago para o día 28
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica participará no demostrador europeo de drons previsto en Santiago para o día 28

S. P.
Publicado: 23/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg_taxi_aereo-2.jpgTelefónica confirmou a súa participación nas demostracións de voo e control de tráfico aéreo de drons do AMU-LED que se van celebrar o vindeiro 28 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago. AMU-LED é un proxecto de H2020 no que están involucradas empresas e institucións de Estados Unidos e Europa, e cuxo obxectivo final é “desenvolver técnica e normativamente a coordinación de múltiples operacións de drons en contornas urbanas para garantir a súa seguridade”. A demostración, como sinalamos recentemente dende Código Cero, será coordinada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, o ITG.
Telefónica participará en dúas das operacións de voo que se levarán a cabo ese día ante os medios de comunicación, proporcionando conectividade 5G aos vehículos aéreos non tripulados que participan nelas. A través da tecnoloxía 5G de Telefónica, aproveitando a súa baixa latencia (é dicir, retardo), transmitirase desde os drons vídeos de alta resolución que serán analizados con Intelixencia Artificial en tempo real para detectar de forma automática diferentes elementos da cidade como edificios, coches e persoas en labores de inspección. Asemade, usarase a 5G para transmitir datos de telemetría do dron, reportando en tempo real a súa posición, velocidade, estado, etc. Toda esta información será integrada dentro da plataforma U-Space, para permitir a coordinación co resto de operacións con drons que se estean realizando ao mesmo tempo sobre o ceo de Santiago.
Ademais de garantir todo este fluxo de información desde os vehículos aéreos, realizaranse tamén probas de localización baseadas na rede 5G de Telefónica, que explica que este posicionamento vía 5G é independente do posicionamento vía GPS do dron, e serve como axente corroborador das coordenadas transmitidas por este. “Así”, engade Telefónica, “a 5G utilizarase nestes casos como ferramenta de verificación ante potenciais hackeos do sinal de GPS ou en situacións de emerxencia nas que non se poida dispor deste posicionamento”.
AMU-LED é unha iniciativa que comprende unha das maiores demostracións de servizos de mobilidade con vehículos aéreos en contornas urbanas. Estas demostracións xa se realizaron en Cranfield (Reino Unido), Amsterdam e Róterdan (Países Baixos). Santiago de Compostela será a única cidade española que a acollerá. Coordinada polo ITG, intervirán aeronaves tripuladas e non tripuladas, que realizarán máis de 30 operacións, tanto reais como simuladas, nun total de 11 vertiportos repartidos entre a Cidade da Cultura, o Aeroporto Rosalía de Castro (Lavacolla), o campo de fútbol da Universidade de Santiago e a base do helicóptero do 061 no Hospital de Conxo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?