Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As obras da planta de chips fotónicos de Vigo comezarán a finais de 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As obras da planta de chips fotónicos de Vigo comezarán a finais de 2023

S. P.
Publicado: 29/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

planta_fotonica_vigo_chips.jpgA sede de Zona Franca de Vigo acolleu este 27 de setembro a primeira reunión de traballo de SPARC, a planta de semi-condutores fotónicos cuxas obras está previsto que arrinquen a finais de 2023, estando programado o inicio da súa actividade para o segundo semestre de 2025. Ao encontro acudiron Jaime Martorell, comisionado especial para o PERTE de Microlectrónica e Semiconductores, e Guillermo Gómez, coordinador da Secretaría Xeral de Telecomunicacións. Tanto o director executivo (CEO) de SPARC, Francisco Díaz, como o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, explicaron aos dous representantes do Goberno as futuras necesidades da planta. Tamén participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen acudiu a unha visita ás instalacións da Zona Franca en López Moura que albergarán a planta SPARC.
Segundo lembraron, a posta en marcha deste centro activouse precisamente a raíz do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) dotado con 12.250 millóns de euros para crear un ecosistema español ao redor dos chips. “A infraestrutura viguesa encaixaba á perfección no obxectivo deste plan que debía buscar investidores para poñer en marcha o proxecto”, sinalouse na reunión de traballo, onde se destacou o carácter de “infraestrutura única” de SPARC, “cunha tecnoloxía punteira que converterá a Vigo nun foco de innovación a nivel europeo atraendo, ademais, recursos humanos moi especializados”.
O centro, que está apoiado pola Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo, producirá de maneira operativa a primeira tecnoloxía (arseniuro de galio) e a partir desta mesma data iniciaranse as actividades do Centro de I+D que permitirá facilitar a incorporación da segunda tecnoloxía (fosfuro de indio), consolidando ademais procesos que permitirán a produción de produtos propios na planta.
SPARC fabricará máis de 1.500 obleas ao ano, o que supón 90.000 chips (cada oblea contén 60 chips) e contará cunha sala limpa de 1.600 metros cadrados para a fabricación dos chips, ademais do centro de I+D. Os semi-condutores III-V son materiais que se poden utilizar para realizar fontes de luz moi compactas e eficientes, o que permitirá que SPARC teña a capacidade para dirixirse a unha gran base de clientes nunha ampla gama de mercados diferentes, incluídas as comunicacións ópticas, as pantallas, a iluminación, a industria aeroespacial, a automoción, a biomedicina, a detección e as tecnoloxías cuánticas, así como as tecnoloxías de alta velocidade ou aplicacións electrónicas de alta potencia. Na actualidade, son 300 as empresas europeas que consumen este tipo de chips e unha vintena delas xa transmitiron o seu interese na nova planta viguesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?