Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha trintena de proxectos innovadores concorren aos cuartos Premios Innovatia 8.3
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha trintena de proxectos innovadores concorren aos cuartos Premios Innovatia 8.3

S. P.
Publicado: 29/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innovatia_usc_2022-2.jpgA cuarta edición dos Premios Innovatia 8.3 celebrará o vindeiro 11 de outubro o acto de entrega de galardóns aos mellores proxectos empresariais liderados por mulleres. Unha trintena de proxectos concorren este ano nas dúas categorías existentes. O premio ao mellor proxecto empresarial de base Tecnolóxica, dotado con 10.000 euros, recibiu 16 candidaturas e 17 son as propostas que se disputan o galardón na modalidade do proxecto empresarial startup, dotado con de 7.000 euros. O certame, promovido polo Instituto das Mulleres e a USC, busca “apoiar proxectos de emprendedoras con carácter innovador, ademais de promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito universitario e tecnolóxico”.
O Colexio de Fonseca acollerá a partir das 9.30 horas o acto de entrega de premios, que será conducido por Eva López Barrio, coordinadora de Innovatia 8.3, e que abrirá coas intervencións de Antonio López Díaz, reitor da USC; María Antonia Morillas González, directora do Instituto das Mulleres e Isabel Jiménez Lucena, Coordinadora de Políticas de Xénero do grupo de Sostenibilidade da CRUE, e vicerreitora de Igualdade, Diversidade e Acción Social da Universidade de Málaga.
O evento contará con dúas mesas redondas nas que participarán destacadas referentes do ámbito científico e do emprendemento. A primeira delas, moderada por Luis Otero González, delegado do Reitor para a Transferencia de Coñecemento, versará sobre Emprendemento Universitario de Base Científica e reunirá a Carmen Pampín Casal, directora executiva de Galchimia; Catalina Fernández de Ana Portela, co-fundadora e directora de Hifas da Terra; Maruxa Quiroga García, directora executiva e co-fundadora de Tastelab; Desireé Teijeiro Osorio, directora de operacións e co-fundadora de Libera Bio e Marta Lores Aguín, socia e directora científica de i-Grape.
O seu remate dará paso á mesa Emprendemento universitario e economía feminista, moderado pola delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro, e coas intervencións de María del Pilar Rodríguez Suárez, investigadora e xerente de Dehistoria; Miriam Fernández Barreiros, presidenta de Latento Altas Capacidades; Yolanda Pena Boquete, xefa de departamento e da división de investigación de AYeconomics; e Fátima Rodríguez Figueiras, administradora solidaria de Promove Consultoría e Formación.
A conferencia de clausura correrá a cargo de Carmen Fenoll Comes, presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas , e o acto concluirá coa presentación de Innovatia como iniciativa elixida para representar a España nos Premios Europeos á promoción empresarial de 2022.
Fontes da USC fan saber que para asistir de xeito presejncial ao evento é preciso cumprimentar o formulario de inscrición habilitado pola organización antes do 7 de outubro. O acto tamén se retransmitirá en liña a través da canle de YouTube de Innovatia 8.3.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?