Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno xa aboou a Galicia 45,6 millóns en bonos de dixitalización para as pequenas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno xa aboou a Galicia 45,6 millóns en bonos de dixitalización para as pequenas empresas

S. P.
Publicado: 03/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

minones_delegado_kit_dixital2.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo balance da actividade e o impacto xerados na nosa terra polo Kit Dixital do Plan de Recuperación do Goberno. Segundo informou, máis de 3.800 pequenas empresas galegas recibiron xa o seu bono de 12.000 euros para dixitalizar os seus negocios ao abeiro do dito programa. “Estes datos”, dixo, “supoñen unha inxección económica de 45,6 millóns de euros do Goberno en Galicia que xa está a transformar o noso tecido produtivo para facelo máis avanzado e competitivo”. Os últimos datos de Red.es recollen que o 61% das pequenas e medianas empresas galegas de entre 10 e 49 empregados obtiveron o seu bono de dixitalización
José Miñones salientou o “enorme acerto que supuxo este programa, tanto no seu obxectivo final, a dixitalización das nosas empresas e autónomos, como no deseño do mesmo”.
Por provincias, o Goberno facilitou un bono de dixitalización de 12.000 euros a 1.615 empresas da Coruña (o 61% do total das empresas de 10 a 49 traballadores), 1.418 empresas de Pontevedra (58%), 414 en Ourense (66%) e 403 en Lugo (57%). Todas elas, de entre 10 e 49 empregados.
Miñones lembrou que debido “á boa acollida da iniciativa”, a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital decidiu ampliar seis meses máis o prazo de solicitude para esas empresas (segmento I), que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o próximo 15 de marzo de 2023.
Ademais, o prazo para as pemes do segmento II (de 3 a 9 empregados) está aberto desde o pasado 15 de setembro durante doce meses. Estas empresas teñen acceso a un bono de dixitalización de 6.000 euros.
O programa Kit Dixital completarase cunha terceira convocatoria para negocios de menos de tres empregados e autónomos (segmento III), que poderán solicitar un bono de 2.000 euros.
O bono de dixitalización permite aos beneficiarios adquirir solucións de dixitalización para mellorar cadanseus negocios en áreas clave como: sitio web e presenza en Internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras e ciberseguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?