Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e Quattro IDCP gañan o Premio de Publicidade en Galego convocado por Política Lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e Quattro IDCP gañan o Premio de Publicidade en Galego convocado por Política Lingüística

S. P.
Publicado: 03/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alfredo Ramos, director de R, recibindo o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
Alfredo Ramos, director de R, recibindo o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
A operadora de telecomunicacións R e Quattro IDCP veñen de gañar o XXVIII Premio de Publicidade en Galego (convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística) cun vídeo de ánimo e agradecemento á xente galega na pandemia. O traballo que está na orixe do recoñecemento, o vídeo Vai escampar, editouse en 2020, en plena pandemia da COVID co obxectivo de “animar e lles dar as grazas a certos colectivos e ás persoas de Galicia en xeral polo seu esforzo nas duras semanas do confinamento e da crise sanitaria”. Os Premios de Publicidade en Galego son convocados anualmente pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para premiar accións publicitarias desenvolvidas en lingua galega e promover o uso do idioma nesta contorna profesional.
Alfredo Ramos, director da operadora galega de telecomunicacións, e máis Jaime Conde, director da axencia galega de publicidade Quattro IDCP, recolleron no Parlamento de Galicia o Premio de Publicidade en Galego, este luns 3 de outubro, na categoría de televisión polo seu traballo audiovisual Vai escampar.
Con esta referencia ao refrán galego “nunca choveu que non escampara”, R quixo lanzar unha mensaxe de ánimo á xente e, ao tempo, “recoñecer o labor dos colectivos profesionais que estaban a demostrar no confinamento de 2020 a súa implicación plena na loita contra o coronavirus”.
A peza, difundida en televisión e en medios dixitais, inspirouse no traballo de Bob Dylan Subterranean Homesick Blues, considerado un dos primeiros vídeos musicais da historia.
Jaime Conde, director da axencia, salientou na entrega de premios que “durante a pandemia, a sociedade esixía que as marcas estivesen do lado da xente, sen imposturas; e iso só é posible se hai detrás anos de traballo para construír unha marca sólida, relevante e honesta (…) A historia de Quattro IDCP está intimamente ligada á de R e sentímonos profundamente orgullosos de ter contribuído a consolidar e transmitir os valores da marca ao longo de máis de 20 anos de traballo compartido, que se teñen materializado en decenas de campañas e accións de publicidade, nas que a frescura, o carácter galego e a firme aposta pola lingua foron sempre unha constante”.
Pola súa banda, Alfredo Ramos, director de R, revalidou as palabras de Jaime Conde ao asegurar que “cando camiñas a carón dunha empresa que comprende o que procuras e a onde queres chegar, o traballo é sempre moi doado; Quattro coñece R dende o berce e sen dúbida que é unha peza esencial no mantemento dos valores da nosa marca ao longo dos tempos”.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García, convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, coa finalidade de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?