Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME comeza o mes de outubro con cinco novas accións formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME comeza o mes de outubro con cinco novas accións formativas

S. P.
Publicado: 04/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-16.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta neste inicio de outubro cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pemes, persoas autónomas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como a ciberseguridade e a suplantación de identidade, a mercadotecnia de contidos, a mellora da visualización web con Google, o funcionamento da cadea de bloques (Blockchain) ou técnicas de mercadotecnia para a promoción de tours.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta neste inicio de outubro cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pemes, persoas autónomas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como a ciberseguridade e a suplantación de identidade, a mercadotecnia de contidos, a mellora da visualización web con Google, o funcionamento da cadea de bloques (Blockchain) ou técnicas de mercadotecnia para a promoción de tours.
Este luns 3 de outubro, Manuel Freire, experto en robótica, programación e impresión 3D, foi o encargado de impartir o obradoiro Ciberseguridade, Ransomware e a suplantación de identidade. Este curso ten como obxectivo dar a coñecer o Ransomware, así como o ciberataque máis popular actualmente, a suplantación de identidade. Freire tamén conducirá un dos cursos impartidos na xornada do xoves 6, Blockchain, metaverso que completará a formación dunha serie de 4 actividades e nela falarase sobre o Metaverso, para que vai servir e cal e o seu desenvolvemento.
O martes 4, ás 12.00 horas, celebrarase (vía Zoom) o obradoiro Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia, un taller centrado nos horarios adecuados para postear ou de como dirixirnos aos nosos clientes para acadar un meirande engagement. Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas será quen o dirixa.
A xornada do mércores 5 estará conducida pola experta en comunicación corporativa, María Aller, coa acción Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console. Centrarase en descubrir como manexar as ferramentas que Google Search Console pon a disposición de emprendedores/as para optimizar as súas páxinas web.
O peche da semana de obradoiros será o xoves 6 de outubro pola tarde, co taller Técnicas de márketing para a promoción de tours dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas ou poboación local. A guía desta derradeira acción será Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?