Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innogando, entre as empresas agrotech de meirande proxección en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innogando, entre as empresas agrotech de meirande proxección en España

S. P.
Publicado: 04/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Elio López García no Campus Terra da USC
Elio López García no Campus Terra da USC
A nosa terra estase a converter nun referente en transformación do sector agrario. Proba disto é o importante papel que xogan empresas como Innogando, startup do Campus Terra (Campus de Lugo da USC) impulsada polo veterinario Elio López que figura xa no top 15 de firmas do ámbito agrotech con meirande proxección de mercado (datos publicados por El Referente, a revista líder de información sobre novas firmas innovadoras en España), un eido de actividade (o agrotech) no que tamén teñen un papel destacado outras puxantes spin-off luguesas como TimberSoul by Cándido Hermida, iBoneLab, TasteLab, 3eData ou startups como Aleutos ou Aobá Upciclyn.
Volvendo a Innogando, empresa agromada na sede universitaria luguesa a iniciativa do entón estudante de Veterinaria de Cospeito, Elio López, actual director executivo (CEO), ten o obxectivo de mellorar o grao de benestar do sector agrogandeiro a través da achega de recursos tecnolóxicos para empresas, produtores e que tamén redunden en beneficio do consumidor final. Nesta liña, Elio López destaca recursos e servizos como a robótica, a conexión a Internet con baixo consumo enerxético, os drons e, entre outras tecnoloxías, as ferramentas de sensórica e recollida de datos, como “avances que reportan beneficios para o desenvolvemento do sector agrogandeiro e da súa industria”.
agrotech.jpgA inclusión de Innogando na dita listaxe de firmas máis puxantes do agrobiotech non é o único recoñecemento deste ano á empresa luguesa. De feito, o pasado mes de marzo foi a gran vencedora galega do certame Premios Emprendedor XXI, convocados por Caixabank e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA), co obxectivo de “identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas con gran potencial de medre”. O premio incluíu unha dotación económica de 6.000 euros, formación internacional especializada impartida por ESADE e expertos de Silicon Valey e o acceso a investidores e grandes empresas interesadas no ecosistema emprendedor.
Máis sobre Innogando
Innogando traballa no sector de agrotech ou smart farming. O obxectivo desta nova firma innovadora é dixitalizar o sector gandeiro para mellorar a calidade de vida do gandeiro, a rendibilidade da súa granxa e o benestar animal. Para iso deseñou de maneira íntegra diversos desenvolvementos tecnolóxicos, entre os que destaca Rumi, un dispositivo de monitoraxe do gando que conta cun asistente virtual e axuda a xestionar e a tomar decisións cos datos que recolle. Tamén é de deseño e fabricación propia Eliter, unha marca de tenreiros baseada na rastrexabilidade do seu status sanitario e condicións de orixe, que permite revalorizar este grupo de animais. O persoal de Innogando está formado por gandeiros, veterinarios e enxeñeiros informáticos e electrónicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?