Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña activa nas redes unha campaña para promover a lectura e o libro galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña activa nas redes unha campaña para promover a lectura e o libro galego

S. P.
Publicado: 05/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

outono_cheo_de_letras_deputacion_coruna.jpgA Deputación da Coruña, a través da Área de Normalización Lingüística, bota a andar este mércores 5 de outubro a campaña Un outono cheo de letras, unha iniciativa que se desenvolve ao longo deste mes e que ten o obxectivo de mostrar o firme compromiso da institución provincial co fomento da lectura e o libro galego. A iniciativa celebrarase nas redes sociais e fará fincapé “na importancia que ten a lectura á hora de formar persoas e sociedades máis abertas e libres”, en palabras de Normalización Lingüística de Deputación, que salienta como “o libro galego contribúe a termos unha visión propia do mundo e á dinamización da nosa lingua”.
A campaña ofrecerá contidos para crianzas destinados a fomentar o seu coñecemento sobre libros, librarías e bibliotecas, e sobre o potencial dos libros para “igualar social e culturalmente á cidadanía”. Para isto, ademais dunha imaxe gráfica específica, o proxecto lanzará nas redes microentrevistas con diferentes actores sociais, vídeos divulgativos e entradas. Amais, farase referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua e os programas e organismos para fomento da lectura.
“A campaña”, explican fontes da Deputación, “ponse ao lado de todas as persoas e empresas que traballan cada día nun sector cun forte peso simbólico (e económico), historicamente clave no proceso de normalización lingüística; cómpre lembrar que detrás de cada libro en galego hai creadoras, ilustradoras, maquetadoras, editoras, correctoras, fotógrafas, tradutoras, distribuidoras, libreiras, xornalistas.. .Un universo de homes e mulleres que contribúen a espallar o saber, o gozo e o pensamento coas nosas palabras”.
Concurso e bonos-libros
As persoas internautas serán as protagonistas da compaña, xa que están convidadas a compartir os contidos que se vaian lanzando cada día. As persoas participantes que compartan en Facebook, Twitter ou Instagram entradas da campaña participarán no sorteo de 10 bonos-libros (valorado cada un en 100 euros). As persoas gañadoras poderán empregar estes abonos na libraría da provincia da Coruña que libremente elixan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?