Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia acollerá a rodaxe da segunda tempada de Los enviados, logo do éxito da primeira en Paramount+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia acollerá a rodaxe da segunda tempada de Los enviados, logo do éxito da primeira en Paramount+

S. P.
Publicado: 05/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221005_presentacionserie_los_enviados.jpgA segunda tempada da serie Los enviados, dirixida polo prestixioso director arxentino Juan José Campanela, estase a rodar integramente en terras galegas. A produción foi un dos grandes éxitos recentes da plataforma Paramount+ en Estados Unidos. Agora, trasládase a Europa despois dunha primeira entrega ambientada e gravada en México. A segunda tempada foi presentada este mércores 5 de outubro na Guarda.
Participaron no acto o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, o guionista e director Juan José Campanella; José Fidji Viggiano, VP de Produción de VIS Américas, o estudo internacional de Paramount+; e Alfonso Blanco, CEO de Portocabo e produtor executivo da serie. Esta rodarase en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra, ademais de en Santiago, grazas á implicación no proxecto da produtora galega Portocabo co apoio do Hub Audiovisual da Xunta.
20221005_presentacionseruelosenviados04.jpgEn concreto, como detallou o conselleiro, esta produción recibe unha subvención de 300.000 euros como adxudicataria da liña específica para a atracción de rodaxes a través da que o Hub galego leva contribuído a que Galicia fose desde o ano pasado o escenario de oito series e filmes: ademais de Los enviados, atópanse nesta listaxe a primeira e a segunda temporada de Rapa e a serie infantil Los Argonautas, tamén de Portocabo; a segunda entrega de Operación Marea Negra, de Ficción Producciones; Hasta el cielo, de Vaca TV, e as longametraxes 13 exorcismos, de Bambú Producciones, e Amigos hasta la muerte, de Undodez y Medio Limón.
Repetir o éxito
O obxectivo é recuncar o éxito da primeira tempada de Los enviados nunha plataforma de gran alcance como é Paramount +, con máis de 40 millóns de subscritores en todo o mundo. De feito, a primeira entrega converteuse na serie en español máis vista en Estados Unidos a través desta canle. “Esta oportunidade permitirá que millóns de espectadores ao redor do mundo poidan gozar do gran traballo do audiovisual galego, ademais de lles achegar a cultura, a paisaxe e o patrimonio de Galicia a través das pantallas”, dixo o conselleiro.
A nova temporada desta ficción, que volve contar cos actores Miguel Ángel Silvestre e Luis Gerardo Méndez nos papeis protagonistas dos cregos Simón Antequera e Pedro Salinas, rodarase ata finais de decembro nos concellos de Forcarei, Nigrán, A Guarda, Tui, Oia, Pontevedra e Santiago de Compostela. Ao elenco súmanse desta volta coñecidos intérpretes galegos como Francis Lorenzo, Pepo Suevos, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira, Miquel Ínsua, Guillermo Carbajo ou Luis Iglesia.
Nos novos episodios de Los enviados, os seus protagonistas trasládanse a Galicia para determinar a veracidade dun milagre nun convento onde viven tres monxas cegas. Pero, ao pouco de chegar, atópanse envoltos nunha dobre investigación: unha de carácter místico e outra moito máis terreal, relacionada cun asasinato na vila.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?