Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA mergúllanos nas posibilidades da tecnoloxía Blockchain para as estratexias da nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA mergúllanos nas posibilidades da tecnoloxía Blockchain para as estratexias da nosa empresa

S. P.
Publicado: 06/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feuga_blockchain.jpgFEUGA organiza este mes de outubro un curso avanzado sobre as posibilidades que abre a tecnoloxía de cadea de bloques para conseguirmos máis competitividade, rendibilidade e fortaleza no noso día a día empresarial. A actividade formativa Blockchain: Claves para a aplicación estratéxica na túa empresa celébrase os días 18, 20, 25 e 27 de outubro de 2022. Segundo informa FEUGA acerca do miolo do curso, a tecnoloxía Blockchain é moito máis que criptomoedas, de feito a aparición desta tecnoloxía disruptiva posibilita non só a aparición de novos modelos de negocio “senón tamén a redefinición dos xa existentes”, podendo xerar vantaxes competitivas cunha mellora na eficacia e eficiencia dos procesos das organizacións.
Ademais, engade FEUGA, a tecnoloxía Blockchain está moi relacionada co Metaverso, que se constrúe usando a tecnoloxía de cadea de bloques: “Grazas ao Metaverso as pemes poden aumentar as súas posibilidades de negocio, abrir novas canles e acelerar o proceso de transformación dixital global que estamos a vivir”, engade a Fundación Empresa Universidade Galega, afondando noutra das vantaxes desta tecnoloxía: trátase dunha habilitadora tecnolóxica, unha ferramenta que pode axudar a mellorar os resultados da organización, posibilitando a redución de custos e unha mellor posición do produto ou servizo, ao dotalos dunha garantía de orixe e rastrexabilidade e inmutabilidade nos datos xerados.
Este curso exporá os aspectos tecnolóxicos básicos da tecnoloxía de bloques para facilitar a súa comprensión, “pero desde unha perspectiva práctica e útil para que as empresas poidan detectar e definir casos de usos orientados a mellorar os seus resultados”.
Serán 8 horas de formación, a desenvolver en horario de 09:30 a 11:30 horas.
Contidos
-Entender Blockchain como unha habilitadora tecnolóxica nos procesos de transformación dixital, aplicando as ferramentas de análises (análises da contorna, análise interna, estratexia competitiva) máis axeitadas para estes casos.
-Introducir a metodoloxía de análise estratéxica aplicado ás DLT (tecnoloxías de contabilidade distribuída) para filtrar e detectar casos de uso nos que se mellore o resultado da empresa, en base á creación de vantaxes competitivas.
-Coñecer o impacto da Web3 nos modelos de negocio das empresas e a súa cadea de valor, reducindo custos de intermediación e situando mellor o produto ou servizo prestado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?