Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A creación do máis revolucionario e exhaustivo mapa da Vía Láctea colle impulso no CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A creación do máis revolucionario e exhaustivo mapa da Vía Láctea colle impulso no CITIC

S. P.
Publicado: 10/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_grupo_gaia_citic2.jpgProsegue o inxente traballo abeirado á misión especial Gaia da Axenda Especial dirixido a crear o mapa máis exhaustivo e completo da Vía Láctea de cantos se teñen elaborado. Neste labor colabora arreo o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, cuxo persoal lidera a participación galega en Gaia. Sen ir máis lonxe, a sede do CITIC acolleu a xuntanza plenaria da Unidade de Coordinación 8 (CU8) da misión impulsada pola Axencia Espacial Europea. Segundo fixeron saber, prevese que o próximo catálogo que se publique inclúa as posicións, o movemento e as características físicas de 2.500 millóns de estrelas, e conteña tamén os datos obtidos nas 70 veces que de media o satélite ten pasado por cada obxecto da nosa Galaxia.
“Isto supón que o volume do cuarto arquivo de Gaia, o DR4, será unhas 50 veces maior que o publicado o pasado mes de xuño e achegará unha versión tremendamente mellorada destes parámetros estelares”. Así o explicaron Minia Manteiga e Carlos Dafonte, investigadores da área de Intelixencia Artificial do CITIC, Uwe Lammers, Gaia Mission Xestor e Orlagh Creevey, xestor da Unidade CU8, tras o encontro mantido recentemente na sede do centro coruñés.
minia_manteiga_gaia3.jpgA reunión plenaria da Unidade de Coordinación 8 (CU8) do consorcio europeo DPAC para o procesado de datos da misión espacial Gaia reuniu a máis de 40 investigadores de 20 entidades europeas e permitiu examinar os puntos nos que se pode mellorar aínda máis o traballo feito para a terceira publicación dos datos de Gaia o pasado mes de xuño, a denominada DR3. Así mesmo, puidéronse establecer as prioridades e organizar o traballo ata 2025, data prevista para a conclusión do proxecto. Neste punto, os investigadores explicaron que foi posible avanzar de cara á cuarta publicación de datos de Gaia, chamada DR4, prevista para dentro de dous anos, que segundo sinalan “eclipsará aos anteriores conxuntos de datos tanto en tamaño como en complexidade e estenderá aínda máis o impacto científico da misión”.
O grupo CU8 que se reuniu a pasada semana no CITIC é o responsable de determinar as características físicas das estrelas, a temperatura, a composición, o tamaño e a masa, entre outros parámetros. “Os catálogos de datos de Gaia publicados ata o momento son un gran éxito para a Axencia Espacial Europea e o consorcio europeo responsable do procesado de datos”, explicaron os participantes, engadindo que este consorcio (DPAC) está formado por 450 científicos e enxeñeiros de máis de 20 países e máis de 100 universidades e institutos.

Uwe Lammers, Orlagh Creeve, Minia Manteiga e Carlos Dafonte
Uwe Lammers, Orlagh Creeve, Minia Manteiga e Carlos Dafonte
Este estes investigadores atópase a astrofísica Minia Manteiga e o enxeñeiro informático Carlos Dafonte, ambos os investigadores do CITIC da UDC, quen lideran a participación galega neste proxecto. Concretamente, traballan nas unidades 8 e 9 de Gaia, coa creación de técnicas e ferramentas para a verificación dos datos do satélite e a divulgación dos resultados da misión, así como no desenvolvemento de técnicas automatizadas para clasificar as fontes que observa o satélite, tanto estrela como obxectos extra galácticos. O número de traballos científicos baseados nos datos de Gaia publicados anualmente supera ao telescopio Hubble, ata o de agora o que maior produción científica xerara.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?