Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGAPI organiza en outubro un webinario sobre métrica e análise de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGAPI organiza en outubro un webinario sobre métrica e análise de datos

S. P.
Publicado: 10/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

webinar_andrea_villa.jpgO vindeiro 17 de outubro, en horario de 10 a 12 horas, AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), ao abeiro do programa transformador AGAPI Impulsa Copros, vai organizar un webinario sobre como tirar proveito da información a gran escala para un mellor rendemento empresarial, profesional e de mercado. Trátase do seminario en liña Métricas de datos, interpretación e resultados. Será impartido por Irene Villa.
Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Andrea Villa será como dixemos a encargada de impartir esta formación. Andrea é licenciada en Xornalismo, mestrada en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais. Ten unha dilatada experiencia profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) a Mostra de Cinema Periférico, o certame Curtocircuítoe o Festival de Cine Internacional de Ourense. Responsable de redes sociais do festival Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital Antes de perder (Cósmica Producións e Playz, RTVE).
A formación impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 14 outubro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.
Este é o segundo dunha serie de webinars de AGAPI que están destinados a promover e mellorar competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspecto innovadores e “con especial interese no coñecemento de novas audiencias”, en palabras da asociación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?