Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XoveTIC 2022 premia cinco novos e puxantes proxectos dos nosos novos investigadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

XoveTIC 2022 premia cinco novos e puxantes proxectos dos nosos novos investigadores

S. P.
Publicado: 11/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xovetic_premios.jpgA semana pasada o CITIC converteuse no gran referente galego e e estatal en materia de novo talento investigador tecnolóxico. Foi grazas á celebración do Congreso XoveTIC, que organizou o Centro de Investigación TIC da UDC por quinto ano consecutivo, xuntando unha parte moi relevante do persoal investigador mozo de España e Portugal que traballa no ámbito das novas ferramentas. O resultado foi que máis de 50 proxectos de Intelixencia Artificial, análise da información a gran escala (Big Data), computación de altas prestacións (High Performing Computing), servizos e redes intelixentes e ciberseguridade déronse a coñecer neste encontro, tanto en formato de comunicación oral como póster.
xovetic_premios_3_citic.jpg O obxectivo foi promover o “intercambio de experiencias e coñecementos nun ambiente distendido, que fomenta a colaboración”, segundo destacou o director do centro, Manuel F. González Penedo.
Nesta edición, na que se retomou a presencialidade tras dous anos celebrándose en liña debido á pandemia, tivo un especial protagonismo a elevada participación de investigadoras e investigadores da UDC, arredor dun 70 %, complementada con traballos doutras universidades españolas, a de Alcalá de Henares e a de Sevilla; e mesmo o carácter internacional, con presenza de proxectos de universidades do norte de Portugal.
Premios
xovetic_premios_2.jpg O congreso XoveTIC recoñece anualmente, con axuda económica, os cinco proxectos máis valorados polo comité científico en áreas ou liñas de alto interese e impacto social. Este ano, os traballos premiados, con atención á saúde de persoas discapacitadas e á educación infantil, foron os seguintes:
–Low-cost, scalable IoT technology for real-time streaming network auditing, de Pedro Fernández-Arruti da UDC, entregado polo Clúster TIC de Galicia, sobre tecnoloxía evolucionable e adaptable de baixo custo para a auditoría de redes de transmisión en tempo real.
–Testing and Analysis of Self-Sovereign Decentralized Digital Identity Technology, de Pablo Santos da UDC, sobre análise de tecnoloxía de identidade dixital, patrocinado polo CPEIG.
–Smart bracelet for anxiety, de persoal investigador da Universidad de Sevilla, encargado de presentar un modelo de pulseira intelixente para a ansiedade.
–Assessment of selective attention in children through Digital Teddy: preliminary study, proxecto centrado en atención selectiva en nenos, de Irene González Eiroa da UDC e patrocinado polas cátedras institucionais vinculadas á Facultade de Informática da UDC.
-E, por último, o proxecto sobre un robot asistente en procesos de rehabilitación para persoas con discapacidade Assistant Robot for Gait Rehabilitation in People with Disability, entregado pola Fundación CITIC de Galicia a Manuel Lagos da UDC.
Colaboracións
xovetic_citic_premios_3.jpg O encontro, orientado á busca de talento investigador novo no eido das TIC, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Facultade de Informática da UDC, a Universidad de Oviedo, a Universidad Politécnica de Madrid, a Universidade de Porto e AtlantTIC da Universidade de Vigo. Os premios están financiados polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Clúster TIC de Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Fundación CITIC de Galicia e as cátedras institucionais da Facultade de Informática (Cátedra Aldaba WIB, Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía, Cátedra R en Ciberseguridade e Cátedra CICAS).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?