Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC distingue a unha piruleta médica intelixente e unha empresa de eSaúde do CSIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC distingue a unha piruleta médica intelixente e unha empresa de eSaúde do CSIC

S. P.
Publicado: 11/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_usc_innovatia_08.jpgFinalmente xa sabemos cales foron as vencedoras do certame Innovatia 8.3, que conceden a USC e o Instituto das Mulleres co obxectivo de recoñecer, enxalzar e visualizar os mellores proxectos empresariais liderados por mulleres e creados ao abeiro das universidades ou organismos públicos de investigación. Os proxectos distinguidos foron a startup The Smart Lollipop e a empresa de base tecnolóxica Nanological. A entrega destes galardóns celebrouse no Colexio de Fonseca.
The Smart Lollipop, da Universidade de Girona, desenvolveu un dispositivo médico de diagnóstico, non intrusivo, baseado nunha piruleta intelixente capaz de detectar enfermidades cunha soa mostra de saliva, combinado cun software de procesamento de información. Pola súa parte, Nanological é unha spin-off do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), centrada no diagnóstico de doenzas infecciosas a través da detección e identificación en tempo real de patóxenos.
O reitor Antonio López presidiu o acto que contou tamén coa intervención de María Antonia Morillas González, directora do Instituto das Mulleres, e Isabel Jiménez Lucena, coordinadora de Políticas de Xénero do grupo de Sustentabilidade da CRUE, e vicerreitora de Igualdade, Diversidade e Acción Social da Universidade de Málaga. O reitor definiu Innovatia 8.3 como “un acerto pleno”, e cualificouno de “programa asentado”. Antonio López puxo o foco na “aposta pola innovación con perspectiva de xénero” que supón esta iniciativa que desenvolven de xeito conxunto USC e Instituto das Mulleres e que chaga xa á súa cuarta edición.
Unha trintena de proxectos concorreron este ano nas dúas categorías existentes. Así, o premio ao mellor proxecto empresarial de base tecnolóxica, dotado con 10.000 euros, recibiu 16 candidaturas, mentres que 17 foron as propostas que se disputaron o galardón na modalidade do proxecto empresarial startup, dotado con 7.000 euros. A meta de Innovatia é a “integración do xénero nos procesos de transferencia á sociedade”, sinalou Eva López Barrio, directora de Woman Emprende.
Na categoría de mellor startup foron finalistas as empresas ProPlantae, spin-off da UVigo, e Theker Robotics da Universitat Oberta de Catalunya. Ademais, BFlow, spin-off da USC, e Vitala Technologies do Instituto de Bioingeniería de Cataluña foron as empresas finalistas na modalidade de mellor proxecto empresarial de base tecnolóxica.
Debate
O evento contou con dúas mesas redondas nas que participaron destacadas referentes do ámbito científico e do emprendemento. A primeira delas, moderada por Luis Otero González, delegado del reitor para a Transferencia do Coñecemento, versou sobre Emprendemento Universitario de Base Científica e reuniu a Carmen Pampín Casal, directora executiva de Galchimia; Catalina Fernández de Ana Portela, co-fundadora e directora de Hifas da Terra; Maruxa Quiroga García, directora executiva e co-fundadora de Tastelab; Desireé Teijeiro Osorio, directora de operacións e co-fundadora de Libera Bio e Marta Lores Aguín, socia e directora científica de i-Grape.
Ao seu remate deu paso á mesa Emprendemento universitario e economía feminista, moderada pola delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro, e coas intervencións de María del Pilar Rodríguez Suárez, investigadora e xerente de Dehistoria; Miriam Fernández Barreiros, presidenta de Latento Altas Capacidades; Yolanda Pena Boquete, xefa de departamento e da división de investigación de AYeconomics; e Fátima Rodríguez Figueiras, administradora solidaria de Promove Consultoría e Formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?