A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, no acto de presentación da tecnoloxía XGSPON 10 GB, para prover o rural de fibra óptica, no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na adega Castrofiz de Chantada, asegurou que a Xunta aposta decididamente pola dixitalización do rural galego a través de solucións sustentables como as que se propoñen na iniciativa de aldeas intelixentes que promove a Consellería do Medio Rural.
Neste evento, Inés Santé lembrou que o obxectivo da Xunta é consolidar a primeira rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, coa finalidade de impulsar a súa recuperación integral e de conseguir un territorio rural galego resiliente.
Para iso, salientou a directora xeral, o aproveitamento das TIC é esencial e enmárcase no establecido pola Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Esta norma, sinalou, propiciou a creación de figuras como as aldeas modelo, entre outras ferramentas de mobilización da terra, todas elas enfocadas á loita contra o abandono e a favor da dinamización social, económica e ambiental dos espazos rurais da nosa comunidade.
A Xunta aposta pola dixitalización do rural
Compartir Este Artigo

