Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames e Tecalis exporán en Innpulso un proxecto de identificación de avatares nas cidades do Metaverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames e Tecalis exporán en Innpulso un proxecto de identificación de avatares nas cidades do Metaverso

S. P.
Publicado: 13/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

innpulso_emprende_2022.jpgEste venres, 14 de outubro, o Concello de Ames e maila empresa local do sector da tecnoloxía, Tecalis, con sede no Polígono de Milladoiro, van participar en Valencia na sexta edición de Innpulso Emprende. Trátase do evento máis significativo da Rede Innpulso, cuxa finalidade principal é “facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios”. Acudirán o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, e maila directora de asuntos corporativos e gobernanza, Berta Caro.
O encontro, promovido pola Rede Innpulso e o Ministerio de Ciencia e Innovación, celebrarase no espazo Veles e Vents, na Mariña de Valencia, e conta neste caso coa colaboración do Concello de Valencia, o centro de innovación Las Naves e Valencia Activa.
Innpulso Emprende reúne anualmente a alcaldes e alcaldesas das cidades pertencentes á Rede Innpulso coas pemes, micropemes e startups máis innovadoras que foron seleccionadas por cada unha das cidades. O evento constará de tres bloques de presentacións nos que as empresas, acompañadas polo alcalde ou a alcaldesa do seu municipio, deberán defender o seu proxecto nun prazo de tempo reducido. Entregaranse dous premios, un deles será para o proxecto máis innovador no ámbito da innovación social, e o outro será para o proxecto máis disruptivo no ámbito da innovación tecnolóxica. Ademais, haberá unha mención especial para a empresa máis influencer, ou sexa, aquela que xerase maior tráfico e interacción en redes sociais.
Como complemento ao evento, as empresas participantes en Innpulso Emprende terán tamén a oportunidade de participar no VLC Startup Market, escaparate para empresas innovadoras e tecnolóxicas que, promovido por Valencia Activa, celebrarase ao longo de toda a fin de semana nas rúas da cidade.
Avatar Identity Technology
Como dixemos, o Concello de Ames participará no evento xunto coa empresa local Tecalis. O director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, e mailo alcalde de Ames, Blas García, presentarán o proxecto Avatar Identity Technology. Trátase dun proxecto que está desenvolvendo dita empresa para identificar e verificar a identidade dos avatares nas cidades do Metaverso. O obxectivo é certificar calquera perfil dixital no universo virtual. Trátase dunha tecnoloxía pioneira no ámbito do Metaverso, a primeira das súas características. Segundo explican o Concello e Tecalis, a día de hoxe existen organismos a nivel mundial que están replicando no Metaverso as súas cidades para tentar mellorar os sistemas de transporte, resolver problemas de tráfico, xerar novos modelos de xeración de enerxía, mellorar o seu modelo urbanístico, etc. A Avatar Identity Technology permitirá dispor de perímetros organizados de seguridade no Metaverso.
O rexedor municipal, Blas García, destaca que “Ames, que forma parte da rede Innpulso desde o ano 2018, quere amosar a potencialidade do noso concello na materia das comunicacións e as tecnoloxías, no que contamos con varias empresas punteiras neste importante sector”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?