Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo aposta pola Internet de alta velocidade para fixar xente no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo aposta pola Internet de alta velocidade para fixar xente no rural

S. P.
Publicado: 13/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_internet_rural.jpgA Adega Castrofiz de Chantada acolleu esta semana a presentación da tecnoloxía XGSPON 10 GB, destinada a fornecer ao rural de fibra óptica e asegurar nestas contornas a Internet de alta velocidade. No acto, do que avanzamos detalles este martes 11, participou a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, que explicou que na provincia de Lugo “temos un rural vivo e cheo de iniciativas capaces de dinamizar a economía, xerar emprego e fixar poboación con empregos sustentables e de calidade”, pero fixo fincapé en que “necesitamos servizos”.
Segundo dixo, “na Deputación de Lugo sempre dicimos que para que haxa xente no rural, ten que ter os elementos básicos para que as persoas poidan desenvolver os seus proxectos de vida, como sanidade, educación, servizos sociais ou Internet de calidade”. Urxen, dixo, “políticas que axuden a fixar poboación e que ofrezan á xente nova a posibilidade de desenvolver os seus proxectos profesionais no mundo rural, porque o rural con vides e adegas será sempre un rural vivo, moderno, conectado co mundo. Un mundo ao que hoxe nos conectamos máis que nunca desde Internet”.
García Porto lembrou que o Goberno do Estado está a facer “un importante esforzo investidor nese sentido”. No que respecta a Internet, dixo, ten mobilizados 23,7 millóns de euros para estender a banda larga na provincia, e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzou en verán unha nova convocatoria de axudas con 12,3M€ para financiar proxectos en zonas que non teñen cobertura de redes de banda larga, nin previsión de recibilas nun prazo de 3 anos.
O proxecto
Segundo dixo, a tecnoloxía XGSPON 10GB supón un investimento que “permite a chegada de fibra óptica a fogares e oficinas a unha maior velocidade”, unha tecnoloxía impulsada por Orange en España que brinda unha velocidade de subida e baixada de datos simétrica e de maior capacidade. García Porto engadiu que a previsión é que esta tecnoloxía chegue ao milleiro de fogares durante 2022. “Trátase”, dixo, dun recurso pensado para unha conectividade maior a través dos distintos dispositivos como os teléfonos móbiles, as televisións ou os computadores, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?